Ramón Troncoso Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de agosto de 1897 Ponteareas, España |
Morte | valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Ramón Troncoso Fernández, coñecido como Piel Roja, nado en Ponteareas o 28 de agosto de 1897, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sindicalista da UGT de Ponteareas. Na Segunda República foi presidente da Agrupación Socialista e deputado provincial por Ponteareas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse en Gondomar na casa duns parentes e logrou pasar a zona leal. Foi xulgado en Vigo por rebelión e declarado en rebeldía. Instalouse en Barcelona, onde foi un dos fundadores de El Socialista Gallego. En 1939 recibiu axudas do Centro Renovación de Ponteareas de Buenos Aires para poder sobrevivir. Pasou a Francia, refuxiado en Lagny sur Marne. Finalmente exiliouse en México arribando ao porto de Veracruz o 1 de xuño de 1939. En México fundou, xunto con outros exiliados, a Alianza Nazonal Galega en 1943, da que foi o secretario de solidariedade e finanzas e director do periódico Galicia que editaba esa institución.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Ponteareas con Carmen Estévez Galindo o 28 de novembro de 1927.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Tea, 13-12-1927, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rodríguez Gallardo, Ángel (2006). O ruído da morte. A represión franquista en Ponteareas (1936-1939). Sada: Do Castro. p. 112. ISBN 84-8485-236-9.